Vilar de santos


Download 232.61 Kb.
Pdf ko'rish
Sana10.01.2019
Hajmi232.61 Kb.

08008501

Arracada de Vilar de Santos

Lugar:

Vilar de Santos



Parroquia:

VILAR DE SANTOS



Concello:

Vilar de Santos



Etapa Histórica

Idade do Ferro



Estilo:

Descrición:

Esta peza foi descuberta de forma casual en 1924 a dous metros de profundidade e aparentemente 

descontextualizada por D. Benito Saburido, co gallo de facer un desaugadoiro na súa finca, coñecida co nome de 

Albariño e situada á esquerda do desaugadoiro da Lagoa de Antela. Despois de estar en posesión de D. Marcelino 

Freiria, cura párroco de Vilar de Santos, foi mercada polo Museo Arqueolóxcio Provincial de Ourense en 1979.  

A arracada está conformada a partir dunha lámina de ouro recortada, na que se poden diferenciar dúas partes: unha 

proximal, en forma crecente aberto ao interior, no que se recorta unha travesiña en forma de T repuxado con dous 

prótomos de aves acuáticas, e outra distal en forma de triángulo invertido decorado con gránulos. Completan a 

decoración cinco cápsulas distribuídas estratéxicamente, dúas na parte superior dos extremos do crecente e as tres 

restantes nos vértices do apéndice triangular, presentando a do inferior a curiosa figura dun patiño en vulto redondo, 

realizado pola unión de dúas láminas. Dúas argolas na parte superior denotan a existencia dun sistema de 

suspensión suprauricular, que se completaría cun de pince dos extremos do crecente sobre o lóbulo do pavillón 

auricular.  

Nesta interesante peza converxen a gran maioría das características que definen a produción da ourivería no 

Noroeste hispánico durante a pre e protohistoria, con influencias europeas, sobre todo no que respecta a aspectos 

técnicos, destacando a técnica da filigrana e granulado mediterráneas que se deixan sentir nos tipos e modelos 

decorativos, e outras asumidas como endóxenas de clara tradición atlántica cun repertorio formal rico e variado, con 

técnicas propias como pode ser a do repuxado.  

O motivo decorativo máis característico desta arracada está representado polos ornitomorfos, vulgarmente 

coñecidos como "patiños", aves acuáticas de especie indeterminada que estarían na órbita das representacións 

mitolóxicas en relación co culto solar esparcidas pola Európa Nórdica e Central en momentos do Bronce e do Ferro. 

Aquí aparecen tanto en forma de prótomos na travesiña en forma de T, como no interior da campánula do vértice 

inferior do triángulo. Neste último caso aparece en vulto redondo, decorada con fino granulado, e sostendo no pico 

Características

Datos de Localización

Subtipo:

Obxecto en metal

Tipoloxía:

Obxectos Varios



Tipo:

Obxectos Varios



Localización:

Museo Arqueolóxico Provincial 

de Ourense

Obxecto en metal

Inmoble:

Xacemento da Finca Albariño



Coord. UTM

60036254


465871883

X:

Y:

Denominación:

Arracada de Vilar de Santos

08008501

Arracada de Vilar de Santos

un triángulo de 11 gránulos soldados entre sí e disposto co vértice máis apuntado cara abaixo.  

Segundo os diferentes autores, esta peza pertence a un repertorio avanzado da orfebrería castrexa.

Autoría:

Materiais:

Ouro


Carac. Técnicas:

Alto:

8

Ancho:

5

Profundo:

0

Diámetro:

0

Perímetro:

0

Peso:

18

Capacidade:

0

Xilófagos:



Perda Policromía

Perda Material:

cm.


cm.

cm.


cm.

cm.


Kg.

Datación:

S. III-II a.C.



Observacións:

Segundo o artigo 60 da Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, este moble está sometido 

ó réxime establecido para os Bens de Interese Cultural.

Bibliografía:

BLANCO FREIJEIRO, A., "Origen y relaciones de la orfebrería castreña", CEG, t. XII, Santiago 

de Compostela, 1957, pp. 291.  

LÓPEZ CUEVILLAS, F., "Nueva arracada posthallstáttica", en Boletín de la Comisión de 



Monumentos de Orense, Vol. XII, pp. 141-148. 

PÉREZ OUTEIRIÑO, B., De ourivesaría castrexa. I. Arracadas. Boletín Auriense, Anexo 1, 

Ourense, 1982, pp. 85-89.  

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X., Arracada de Vilar de Santos. Peza do mes. Museo Arqueolóxico 

Provincial de Ourense, Ourense, Maio 2004.

Documentación:

Ficha do Inventario de Patrimonio Arqueolóxico da Xunta de Galicia. Clave de identificación: 



GA3209000

08008501

Arracada de Vilar de Santos

08008501

Arracada de Vilar de Santos


Download 232.61 Kb.

Do'stlaringiz bilan baham:




Ma'lumotlar bazasi mualliflik huquqi bilan himoyalangan ©fayllar.org 2020
ma'muriyatiga murojaat qiling